confianza

Maneira de tratarse familiar e aberta, propia das persoas que teñen amizade ou moito trato

Etimoloxía

Palabra abstracta formada sobre o verbo “confiar” que vén do latín *confidare por confidere de significado semellante.

Exemplos *

“Tras media xornada de camiño con máis de catro leguas percorridas e con outro tanto por diante, aqueles alimentos compartidos serviron para reforzar a confianza mutua.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)

“Amizades de vinte ou máis anos, asentadas nunha confianza total, nun compartilo todo, esnaquizadas por nós mesmos nun exercicio autodestrutivo incomprensíbel.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.