Situación de grave oposición ou loita entre dúas persoas, grupos, países, exércitos etc
Etimoloxía
Termo que bebe do equivalente latino conflictus ‘choque’, ‘loita’ ou ‘pelexa’.
Exemplos *
“Non vou tirar máis deste fío, dou por suposto que todas as persoas que estades aquí coñecedes os aspectos esenciais do conflito lingüístico e cultural que estamos a vivir, con especial incidencia nas cidades e na xente moza.” (Agustín Fernández Paz: O rastro que deixamos, 2012)
“Unha observación minimamente atenta de como se aborda desde os medios de comunicación, (...) todos os sucesos xenerados polo conflito palestino-israelí e como se tratan o resto dos conflitos no planeta, deixa moi pouco lugar para dúbidas.” (Carina Regueiro: Galicia Hoxe, 21-11-2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.