confraternidade

Relación ou trato fraternal e amigable

Etimoloxía

Palabra formada mediante o prefixo “con-” e o substantivo “fraternidade” que vén do latín fraternitas ‘parentesco entre irmáns’.

Exemplos *

“Eran amigos que acudían pregoando aquela amizade que enchía os salóns bendicindo a noite de confraternidade con apertas sentidas, saídas dunhas relacións mantidas durante todo un ano e que agora, naqueles apertados abrazos e bicos apaixonados.” (Sabino Torres: As tres columnas, 2008)

“Declarouse anarquista, antimilitarista, neutral, oposto á guerra das potencias europeas que mandan ós homes ó matadoiro de Verdún sen que lles treme o pulso. Faloume fervoroso da confraternidade universal, da Segunda Internacional Socialista que non conseguira frear a guerra poñendo na súa contra todo o proletariado das nacións.” (Hixinio Puentes: Aguillóns de Ortegal, 2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.