Fraternización, acción e efecto de fraternizar
Etimoloxía
Palabra derivada meidante a incorporación do prefixo “con-“ e o sufixo “-ción” á base “fraternizar” que remite a “fraterno”, adxectivo culto de orixe latina fraternus, -a, -um ‘de irmáns’.
Exemplos *
“O 2 de marzo de 1856, na carballeira de Conxo, xuntáronse nun acto de confraternización estudantes, obreiros e artesáns composteláns, entre eles varios mozos ligados ao Liceo da Mocidade.” (Redacción: Galicia Hoxe, 8-3-2011)
“Un día souben que no traballo se organizara un xantar de confraternización. A cousa púxome realmente nervoso cando coñecín que se celebraría fóra da cidade, a uns vinte e tantos quilómetros cara ao oeste, nun restaurante da costa.” (L.C. Carballal: Historias non irreais / Cabo do mundo, 2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.