Doutrina filosófica e moral do filósofo chinés Confucio
Etimoloxía
Termo creado sobre a adaptación latina: conficius do nome propio do filósofo chinés Kung-Fu-Tseu.
Exemplos *
“O éxito económico do Xapón debeuse (...) a que alí souberon atoparlle valor económico á súa propia tradición cultural _o confucianismo: relixión "racional", (...), poñéndoa ó servicio da construcción dunha sociedade que poderiamos chamar "moderna".” (Carlos Fernández: Tempos Novos, 6-1998)
“Facer iso é igual que tentar analiza-la historia de Europa como se non existira nunca o cristianismo, a historia de China facendo como que non houbo confucianismo ou a historia do século vinte facendo como que non existiu o marxismo.” (Teresa Barro: Introducción á astroloxía, 1983)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.