Danza popular cubana, que se executa por grupos colocados en fila dobre e ao compás dun tambor.
Etimoloxía
Xógase coa hipótese de que veña dun termo bantú que empregarían os habitantes da zona do Congo.
Exemplos *
"O que si é seguro é que, por momentos, circulaban os corpos en ringleira collido cada quen do van do de diante e entón era que danzaban, sen dúbida, a conga." (Vicente Araguas: A canción do verán)
"O seu podente senso do ritmo, que levan dentro coma un pulo invencible, manifestábase mesmo no traballo e facíaos insuperabales nas orquestras de rumbas, mambos e congas." (Lois Tobío: As décadas de T.L.)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.