congostra

Camiño de carros estreito e profundo, que discorre xeralmente entre valos, cómaros ou outras elevacións do terreo

Etimoloxía

Denominación que bebe da latina coangustam ‘estreita’.

Exemplos *

“Aquela verea vella turraba por min, e cando me fixen home arrisqueime a pasala. E máis alá da medoñenta congostra topeime cunha aldea sen xente.” (Daniel Rodríguez Castelao: “Camiño esquecido”, Cousas, 1929)

“Un lume lizgairo, que lambe as congostras de Verducido e as searas de Faromontaos, métese nas hortas de Tanxil, nas agras das Carrizas, e avanta aos labrados de Segade ou Xelamonde. Unha apocalipse a cámara lenta.” (Ramón Caride: Terra queimada, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.