Manifestar alegría ou satisfacción por un suceso favorable
Etimoloxía
Voz que bebe no latín congratulāri ‘felicitar’.
Exemplos *
“Don Afonso respondía aseverando que el non tivera parte naquela sandía rebelión que lle desprouguera grandemente; e que os cabaleiros leoneses que estiveran na lide de Pedroso foran con Nuno Méndiz sen seu acordo nin licencia, polo xornal do conde; e que porén se congratulaba co seu querido irmán pola grande vitoria que alcanzara.” (Darío Xohán Cabana: Morte de Rei, 1996)
“Malia congratularse coa curia polo caso da Conexión Tubinga, había certos próceres de Roma que coñecían a súa desmesurada ambición e abondou que descubrisen do pé que coxeaba para non deixalo subir máis alá da escala de prelado dunha diocese de orde menor.” (Alberto Canal: Conexión Tubinga, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.