conquistar

Inspirar en alguén un sentimento de admiración, de amor etc.

Etimoloxía

Evolucionou a partir da forma do latín tardío conquistare, orixinado a partir de quaerere 'buscar'.

Exemplos *

"Cantas voltas dá o mundo pra podermos conquistar unha rapaza." (Úrsula Heinze: O soño perdido de Elvira M.)

"Hoxe, en troques de se sentir como noutras noites, unha especie de Sherezade de embigo fermoso disposta a conquistar a tódolos homes do mundo, sentía soamente a desfeita do seu corazón …" (Francisco Castro: Amor de cinema)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.