conservación

Acción e efecto de conservar ou conservarse

Etimoloxía

A palabra chega desde o latín conservatio, -onis ‘acción de conservar’ ou ‘manter’.

Exemplos *

“A mesma CEE dicta como principios xerais dunha política forestal, xunto co aumento da produción en valor da madeira, cunha produción sostida e diversificada da mesma, a conservación e mellora do medio ambiente, e a atención ós fins recreativos, culturais e educativos dos bosques.” (Roxelio Pérez Moreira: Ecoloxía forestal e ordenación do bosque, 1992)

“Da conservación de especies ameazadas avanzouse cara á conservación dos espazos naturais onde estas habitan.” (Ramses Pérez Rodríguez: Guía de ecoloxía cotiá. Ideas e accións para un consumo sustentábel)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.