conservador, -a

Persoa encargada de conservar ou coidar museos, bibliotecas ou cousas semellantes

Etimoloxía

Palabra derivada sobre o verbo “conservar” que bebe do equivalente latino conservare de significado semellante.

Exemplos *

“Como dende tempo atrás estivera interesado polas cousas artísticas _xuntara unha discreta colección de pintores modernos do país_ acabara por colocarse no museo, onde fixo os labores do conservador; un vello intelectual municipal que xa metía pouca man nese mundo.” (Ramiro Fonte: As regras do xogo. Dez relatos en xénero negro / Retratos dunha dama, 1990)

“Pierre van Beneden, zoólogo belga, naceu en Malinas en 1809; morreu en Lovaina en 1894, onde foi Conservador do Museo de Historia Natural.” (Xosé Manuel Penas Patiño e Antonio Piñeiro Seage: Cetáceos, focas e tartarugas mariñas das costas ibéricas, 1989)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.