conservatorio

Centro oficial onde se ensinan certas artes, especialmente a música

Etimoloxía

Vocábulo que procede do latín conservare 'conservar' ou 'respectar'.

Exemplos *

“Cedo empeza estudos de violín no conservatorio da mesma cidade, tendo máis tarde que trasladarse a Lisboa para terminalos.” (Isaac Ferreira: Novos autores / Apéndice, 2008)

“O primeiro Julián que coñezo é un Julián de vangarda, que está estudando no conservatorio de Madrid, que facía algunha composición atonal, como as que facía Macías, e que estaba nesa liña de traballo.” (Manuel Xestoso / X. Cid Cabido: Antón Reixa. Ghicho distinto, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí