Acción e efecto de consolar ou consolarse
Etimoloxía
Palabra derivada do verbo “consolar” que vén do latín consolare de significado semellante.
Exemplos *
“Cantarte hei, Galicia, / na lengua gallega, / consolo dos males, / alivio das penas.” (Rosalía de Castro: Cantares Gallegos, 1863)
“Para prestarlle consolo, abrazouna cunha forza asfixiante. Pero pasara tanto tempo desde a época das apertas que xa non calibraba a intensidade. Da nai coñecera os abrazos protectores.” (Iolanda Zúñiga: Natura, 2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


