constelación

Conxunto de estrelas que parecen próximas vistas desde a Terra, que convencionalmente se asocia cunha figura que lle dá nome

Etimoloxía

Cultismo procedente do latín constellatio ‘posición das estrelas no ceo’.

Exemplos *

“A outra é a Columba, unha extraña constelación formada por milleiros de pequenas estrelas, veciñas de Lepus e do Canis Maior, pequena, pero moi xeitosiña e luminosa nas noites de vran.” (Víctor Fernández Freixanes: O triángulo inscrito na circunferencia, 1982)

“A semente xerminara baixo a luz dunha supernova que de súpeto incendiara a constelación de Tauro , cataclismo cósmico ignorado naquela Europa sen astrónomos .” (Bieito Iglesias: Contos da terra da tarde, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.