Lei fundamental ou conxunto de leis que determinan a forma de organización política dun estado, así como os dereitos e deberes dos seus cidadáns.
Etimoloxía
Vén do latín, da forma constitutio, -onis 'lei' e, afondando na súa orixe, imos dar ao verbo statuere 'instituír', de onde procede tamén a palabra estatuto.
Exemplos *
"Como non hai maneira de modificar a Constitución española, o chamado Estado das autonomías segue na mesma indefinición, provisional e precaria, coa que foi deseñado no seu momento …" (Xosé Antonio Gaciño: A Nosa Terra 2010-11-24)
"A Constitución recentemente aprobada en Bolivia culmina temporalmente un turbulento pulso político iniciado en 2006 entre o goberno de Evo Morales e a oposición, basicamente radicada nos departamentos orientais." (Roberto Mansilla Blanco: A Nosa Terra 2009-01-29)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.