constitucional

Rexido por unha constitución / Que se cinxe ao establecido pola Constitución que rexe o Estado

Etimoloxía

Vocábulo derivado sobre o substantivo “constitución” que bebe do latín constitutio ‘lei’ ou ‘decreto’.

Exemplos *

“E a dúbida xa foi resolta agora polo mesmo Tribunal: o deber de coñecer o galego por parte dos cidadáns e cidadás de Galiza é constitucional.” (Nel Vidal Barral: A Peneira, 44, 7-2010)

“A folga é un dereito constitucional.(...) Farei todo o posible para que esa folga non se leve a efecto e para chegar a acordos, pero se ocorre, teñen perfecto dereito a ir á folga e eu respectareino totalmente.” (E.C.G.: O Correo Galego, 24-11-2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.