Axente nomeado polo goberno dun país ou estado para a defensa dos intereses nacionais ou para a realización de funcións administrativas nun país estranxeiro.
Etimoloxía
Procede do latín consul, ulis 'maxistrado da República romana'.
Exemplos *
"Durante a súa estadía en Trípoli, Gordon Laig namorouse perdidamente de Emma Warrington, a filla do cónsul inglés". (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana)
"Convencéronme, mandáronme facer un traxe a medida, déronme cincuenta pesetas e conseguíronme media pasaxe por intermedio do cónsul." (Carlos Sixirei Paredes: A emigración)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.