consulta

Lugar onde o médico examina os enfermos.

Etimoloxía

É un derivado de consultar, chegado do latín consultare ‘deliberar moitas veces’.

Exemplos *

“Nun piso daquela casa tiña a consulta un médico especialista en enfermidades do pulmón ...” (Xosé Alvilares: Memorial de agravios)

“A consulta odontolóxica ocupa un deses escuros edificios sen ascensor con pronunciadas escaleiras de madeira e pasamáns bailante.” (Xabier López López: Os libros prestados)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.