consumismo

Tendencia ao consumo esaxerado de bens non necesarios, que aparecen como símbolo de poder económico e prestixio social

Etimoloxía

Creación sobre o termo “consumo” que é o regresivo de “consumir” procedente do latín consumo ‘gastar’.

Exemplos *

“Isto significa a abolición do consumismo, aprender a vivir na que eu chamo “cultura da pobreza”, minimizar o que é un falso valor pero que é o que agora manda e ten realmente o poder, é dicir, minimizar a importancia do diñeiro, e practicar unha economía primaria.” (Eloísa Otero: Luzes, 10-2014)

“Todos devecendo por ir ao Nepal ou á China mesmo antes daquelas olimpíadas, incluídos os que na xuventude romperan con todo, fracturas familiares de por medio, por atinxir un vivir máis natural e escapar de tantas ataduras sociais, tantos convencionalismos e tanto consumismo.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.