Persoa que le ou conta historias en voz alta para entreter o público
Etimoloxía
Palabra formada por “conta”, regresivo do verbo “contar” e o substantivo “conto”, os dous vocábulos están relacionados co latín computus ‘conta’ ou ‘cálculo’ que na lingua popular adquire a acepción de narración.
Exemplos *
“"Oli", autor de literatura infantil e magnífico contacontos, relatábame o que lle aconteceu nunha aula de educación infantil nun colexio de Vigo; un feito que consideraba sintomático, porque a súa experiencia é longa e nunca tal lle ocorrera.” (Agustín Fernández Paz: O rastro que deixamos, 2012)
“Deume a idea de montar cousas, cousas... estrañas na librería, coma recitais poéticos, contacontos ou lecturas dramatizadas.” (Inma López Silva: Concubinas, 2002)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.