Doenza que se comunica ou se pode comunicar por contaxio
Etimoloxía
Palabra que vén do latín tardío contagiōsus, palabra relacionada coa tamén latina contāgiu(m) que significaba ‘contacto’.
Exemplos *
“Había case tantas teorías como páxinas web. No único que estaba todo o mundo de acordo era que, fose o que fose, era moi contaxioso e letal. E que eran os propios infectados os que propagaban a enfermidade.” (Manel Loureiro: Apocalipse Z. Os días escuros, 2014)
“En 2017, o número de casos notificados de sarampelo aumentou máis do 30 por cento en todo o mundo, aínda que esta enfermidade contaxiosa pódese previr facilmente con dúas dose dunha vacina.” (Victoria García: GCiencia. O portal da ciencia galega, nº 92,1-2019)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.