contemporización

Acción de acomodarse aos gustos, opinións ou maneira de ser de alguén

Etimoloxía

Vocábulo creado ao redor da palabra “temporizar” que, á súa vez, xorde desde o latín tempus, -oris ‘tempo’.

Exemplos *

“E iso teñen que entendelo tamén as forzas de centro esquerda e socialdemócratas. Non hai marxe para a contemporización co neoliberalismo radicalizado.” (Xavier Vence: Praza Pública, 4-4-2012)

“Non foi posíbel soster por máis tempo o precario equilibrio e a forzada contemporización entre os briosos afáns renovadores de Antón Villar Ponte e as tendencias máis retardatarias, en termos estéticos, do autor de O pecado alleo.” (Emilio Xosé Ínsua: A nosa Terra é nosa!, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.