conto

Narración de feitos fantásticos e aventuras que se contan de maneira oral, para entreter, ou por escrito. como un relato literario breve.

Etimoloxía

Termo que chega desde o latín compustus, –i 'cálculo' e este do verbo computare 'enumerar'.

Exemplos *

"-Avó, lembra que me prometiches que despois do xantar vas acabar de contarme o conto do cabalo das sete cores." (Beatriz Dacosta Molanes: Costa de noz)

"Contáballe os contos ao revés e deixábaa xogar con coches, barcos ou naves espaciais." (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa )

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.