conto

Narración de feitos fantásticos e aventuras que se contan de maneira oral, para entreter, ou por escrito, como un relato literario breve.

Etimoloxía

Procede do latín computus, -i 'cálculo', derivado do verbo computare, que nun principio tiña o significado de 'calcular' e logo adquiriu tamén o de 'narrar, relatar'.

Exemplos *

"Paul Delarue, que debeu de ser moi estudoso de Perrault, afirma que algunhas mostras significativas do conto popular podían ter un final pouco feliz coa sa intención de actuar como elemento previsor de actos e relacións que non lles conviña realizar aos nenos." (Paco Martín: A bisneta lercha)

"Non sabes a sorte que vas ter porque, ademais das historias que che contará Carme, as que veñen de Pepa a Toupa e outras novas, Laura hate adormecer a miúdo con algún conto que nunca escribiu e que irá iventando e alongando ata que non poidas co sono." (Marica Campo: Memoria para Xoana)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.