contra reembolso

Forma de envío por correo mediante pagamento ao contado por parte do destinatario do valor da mercadoría e mais dos gastos de transporte

Etimoloxía

Frase composta da preposición “contra” procedente da latina contra ‘en fronte de’ e “reembolso” que remite a formacións sobre a palabra “bolsa” do latín bursa ‘bolsa para moedas’.

Exemplos *

“O internauta poderá ir recoller o produto elixido na propia tenda abonando o prezo nese intre mesmo ou agardando no seu fogar mediante a opción de contra reembolso ou a través da tarxeta de crédito.” (F. Sarasqueta: Código Cero, 1-2009)

“Rogamos aos suscritores que se atopen en descuberto (...) nos remitan o importe da presente anualidade antes da aparición do próximo número que mandaremos certificado contra reembolso por PESETAS 6.” (AA.VV: Nós. Boletín mensual da cultura galega, 43, 1927)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.