contrabaixo

Instrumento musical de tres ou catro cordas o máis grande e de son máis grave dos que se tocan con arco e que se pode tocar tamén cos dedos.

Etimoloxía

Chegounos desde o italiano, da forma contrabbasso, en alusión a que emite o son máis baixo.

Exemplos *

"E logo estaba Couto, que era contrabaixo e pola semana traballaba nunha fundición." (Manuel Rivas: ¿Que me queres, amor?)

"Entre as frautas, os óboes, as trompas, as arpas, os címbalos, os pratos antigos, os violonchelos e os contrabaixos e, entre os violíns, o violín de Aleixei e o meu violín." (Marica Campos: Memoria para Xoana)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.