contraluz

Efecto que produce a luz sobre un obxecto cando este está situado entre o punto de onde procede aquela e o observador

Etimoloxía

Vocábulo composto pola preposición “contra” e o substantivo “luz” que vén do latín lux ‘luz’ ou ‘claridade’.

Exemplos *

“Trata de analizarme e eu véxoo fotografado a contraluz, nun xogo de sombras e penumbras interesantes. Calculo a distancia focal, a apertura do diafragma, a velocidade...” (Xosé Antonio Perozo: Martázul, 2001)

“O filme presenta todo un abano de xogos con luces e contraluces, perspectivas, volumes, movementos de cámara de tal xeito que, ao igual que o título anterior, semella que se dotara de lixeireza á pesadez da pedra dos monumentos históricos.” (Fernando Redondo Neira: Xornal Agrario Galego, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.