Parte posterior da cuberta dun libro, revista etc.
Etimoloxía
Palabra que parte de “portada”, a parte frontal dun libro ao que se lle engade o prefixo “contra” que dá a idea ‘do que está ao lado contrario’.
Exemplos *
“Nel pretendeuse descubrir e rescatar o material esquecido, disperso ou inédito do período en cuestión, tan descoñecido como interesante e, ás veces, sorprendente, desde o punto de vista histórico, literario e sociolingüístico", como se di na contraportada do libro.” (Xosé Ramón López Boullón: Galicia Hoxe, 1-4-2009)
“Hai coleccións literarias que, na contraportada dos libros, inclúen, non o retrato do autor da obra, senón o do seu especialista.” (Camilo Gonsar: Arredor do non / Totum revolutum, 1995)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.