Código secreto utilizado para restrinxir o acceso a un dispositivo ou a un sistema informático aos usuarios autorizados
Etimoloxía
Termo creado co prefixo contra- e a palabra “sinal” procedente do latín signalis, -e ‘que serve de signo, sinal’.
Exemplos *
“Gómez sorriu tentando parecer convincente e pediullo de novo, por favor, dáme o contrasinal de acceso ao ordenador do director, necesitámo-lo para desfacer este embrollo.” (Francisco Castro: Spam, 2006)
“Tamén poderían utilizarse mecanismos anti-copia (...), de forma que esta só poida ser accesíbel mediante un contrasinal.” (Henar Álvarez Álvarez: Novos retos para a propiedade intelectual. II Xornadas sobre a propiedade intelectual e o dereito de autor/a, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.