contrato

Acordo legal entre dúas ou máis persoas polo que se obriga a cumprir certa cousa.

Etimoloxía

Procede da forma latina contractus, -us 'pacto', orixinado a partir do verbo contrahere 'contraer'.

Exemplos *

"As mulleres teñen salarios máis baixos, contratos en precario, de media xornada, teñen que recorrer a unha economía somerxida e a vida laboral segue a ser incompatible coa vida familiar …" (Xosé Ramón López Boullón: Galicia Hoxe 07-03-2007)

"… o 44 por cento dos aspirantes a unha bolsa Ramón y Cajal eran mulleres, mais só un de cada catro contratos concedidos foi parar a mans femininas." (Belén Puñal: Tempos Novos 04-2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.