convalecencia

Período durante o cal o enfermo recobra progresivamente a saúde tras unha enfermidade

Etimoloxía

Palabra de procedencia latina, convalescentia, -ae, de igual significado.

Exemplos *

“A idea de deixarlle aquel xogo de chaves fora do rapaz, que durante a súa convalecencia non precisaba delas.” (Elena Gallego Abad: Dragal III.A fraternidade do dragón, 2012)

“Tras a paréntese da convalecencia, volvín vela con ollos novidosos, tentando abarcar todo o inmenso espazo e os seus pintorescos adornos.” (Ricardo C. Mora: A cidade dos anxos, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.