Acordo entre a patronal e os sindicatos sobre as condicións de traballo e os salarios
Etimoloxía
Do latín medieval convenium ‘acordo’ ou ‘pacto’.
Exemplos *
“A folga, que dará comezo o día 24 de novembro a partir das 00.00 horas, está motivada pola negativa da empresa a negociar un convenio colectivo propio [...]” (E.P: O Correo Galego, 19-11-2000)
“[...] mesmo se decides sentar a cabeza e queres poñerte a traballar oito horas cada día coa correspondente revisión periódica do convenio colectivo e certas posibilidades de ir ascendendo na empresa, déixalle o aviso a Miquel, o camareiro que nos atendeu esta noite.” (Paco Martín: A bisneta lercha. Contos de sempre para ler hoxe, 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.