Persoa que recibiu unha invitación para asistir a unha festa
Etimoloxía
Participio pasado substantivado de “convidar” que remite ao latín medieval convitare que bebía do clásico invitare, pero que recibiu a influencia da voz convivium ‘convite’.
Exemplos *
“No transcurso do repartimento da rosca, cando xa se comeu e bebeu dabondo como para quenta-los ánimos, os convidados dun lugar botábanlles cantos de desafío ós do outro, ós que estes contestaban con outros cantos.” (Fina María Antón e Manuel Mandianes: O ciclo da vida, 1998)
“Indaguei entre os convidados daquela festa e ningún me soubo dar coñecemento dela. Inclusive coido que moitos, pensan que todo foi un invento meu ;e por veces ata eu mesmo dubido, mais...” (L.C. Carballal: Historias non irreais, 2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.