convidar

Agasallar a alguén levándoo a un lugar ou facendo algo grato para el, correndo cos gastos

Etimoloxía

Vocábulo que bebe do latín medieval *convitare, que se crea sobre invitare ‘invitar’ pero influenciado por convivium que significaba ‘banquete’.

Exemplos *

“No corazón de Madrid, Mister López volveu a me convidar a unhas caladas dos seus cigarros cónicos e toda a cidade se me ofreceu coma un novo aditivo ao concerto.” (Antón Riveiro Coello: Casas baratas/ Míster López& friend, 2006)

“Cando me vas convidar a cear a un deses restaurantes de elite, onde os cociñeiros son artistas plásticos e as camareiras bailarinas de contemporáneo?” (Julio Fernández: O chapeu do indixente / Esgotar os ollos, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.