convivencia

Acción de convivir

Etimoloxía

Palabra creada sobre o verbo “vivir”, que procede do termo latino vivere ‘vivir’ ou ‘estar con vida’.

Exemplos *

“Non contaba con ter que dedicarlle ningún tipo de sentimento máis que a cortesía necesaria para unha convivencia pacífica.” (Natalia Carou Figueira: O alento nas costas, 2012)

“Só aconteceu un suceso desagradable que se recorde pola súa capacidade de perturbación na convivencia dos veciños.” (Fátima Peón Torres: Obras breves de imaxinación, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.