Serie de coches de ferrocarril, dos que tira unha mesma locomotora
Etimoloxía
Préstamo do francés convoi.
Exemplos *
“Descendín do convoi na estación viguesa. Encamiñeime a pé, dubidando, deica a rúa de Policarpo Sanz, esquina á Ronda. Nela estaba ubicado o despacho no que me propuxera traballar.” (Francisco Fernández del Riego: Camiño andado, 2003)
“Era domingo. Os ceos azuis convidaban ao optimismo. O convoi tirado pola locomotora avanzou con preguiza por unhas terras feraces e unhas aldeas pobres.” (Xerardo AgraFoxo: Viaxe á última revolución, 2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.