Invocación feita para afastar os demos ou malos espíritos dun lugar ou dunha persoa.
Etimoloxía
Deriva de conxurar, do latin conjurare ‘conspirar’.
Exemplos *
“Estou á espera de oíla recitar algún conxuro arcano, pero non di palabra …” (María Gándara: Magog)
“… debe de facerse un conxuro xuntando a media noite doce pólas de oliveira con doce pingas de aceite e trinta dentes de allo o primeiro martes do mes de abril.” (Xosé Lois Ripalda: A cultura do pan)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.