cooperación

Acción e efecto de cooperar

Etimoloxía

Termo culto sobre o vocábulo latino cooperatio, -onis ‘auxilio’.

Exemplos *

“Tratábase dunha organización social baseada na cooperación de todos os membros do grupo na recolección de froitos e vexetais.” (Pedro José Carcajosa Arroyo: Dos quarks á próxima extinción. Unha viaxe fascinante pola Historia do Universo e a vida, 2012)

“A idea de gobernanza tamén se basea nunha concepción activa da cidadanía e sociedade civil, facendo fincapé na cooperación entre os poderes públicos e os diversos axentes (públicos, privados e sociais ) para o desenvolvemento cultural” (Xosé López García: Reflexión estratéxica sobre a cultura galega, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.