cooperante

Persoa que coopera

Etimoloxía

Palabra derivada sobre “cooperar” que vén desde o latín cooperor ‘traballar con outro’.

Exemplos *

“Cando o localizou entre os viaxeiros detidos preto da camioneta escangallada, contoulle que soubera da súa chegada a Tinduf polos contactos establecidos con dous cooperantes.” (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana, 2008)

“O albergue leva o nome dos cooperantes burgaleses José Manzano e Julián Campo, dous dos falecidos do tráxico accidente.” (E. P.: Galicia Hoxe, 18-3-2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.