copista

Persoa que se dedica a copiar obras de arte

Etimoloxía

Palabra que toma como base “copia” que bebe do latín medieval copia ‘reprodución’ que remite ao clásico ‘copia’ que significaba ‘abundancia’.

Exemplos *

“Mandeino a un copista e como se nada, tanto tiña que lle dixese que eu non era bo pintor, que os había por aí moito mellores e con gran dominio da técnica, coma que, de poñerme a pintar, o que me chistaba era representar o motivo que a min me fose e apetecese.” (Euloxio R. Ruibal: De corpo enteiro, 1994)

“Poden ser definidos como grandes mestres ou artistas de mérito, insignes copistas ou descubridores doutros mundos e sensibilidades, mais nunca, en ningún caso contemporáneos.” (Xavier Queipo: Nós Diario, 7-8-2020)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.