copla

Composición poética, polo xeral de catro versos, para ser cantada.

Etimoloxía

Evolucionou desde o latín copula, -ae 'unión'.

Exemplos *

"… por un prato de comida, ou por unha copa de augardente, inventaba unha copla e se había pingo, e compango, e algo de boa disposición, ensarillaba un poema bufo …" (Xavier Queipo: O paso do noroeste)

"… as letras punk teñen moito contacto coa realidade social, e nas coplas tradicionais tamén contas unha historia en poucos versos." (Lara Rozados: Sermos Galicia 24-08-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.