coral

Animal acuático do tipo dos cnidarios, que vive en colonias aloxadas en estruturas calcarias ramificadas de cor vermella ou branca que el mesmo segrega

Etimoloxía

Denominación que chega desde o francés antigo coral, pero que bebe do latín tardío corallum que adaptou a palabra grega korállion que designaba a ‘pedra preciosa vermella’ e tamén o ‘coral’.

Exemplos *

“A área afectada non só é unha rexión ecolóxica moi importante, con arrecifes de coral e moitas especies de quenllas e aves, senón que tamén soporta unha importante industria pesqueira.” (Alberto Quian: Gciencia. O portal da ciencia galega, 3-2015)

“Nos seus cumios e cantís xorden extensas colonias de esponxas, gorgonias e corais de augas frías que albergan unha extraordinaria diversidade de criaturas, e na columna superior atopamos peixes e cetáceos de toda clase, tartarugas e decenas de aves mariñas.” (Toño Maño: Cerna. Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, 10-2015)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.