Alga de cor vermella da clase das rodofíceas, co talo pequeno, cilíndrico e xelatinoso, ramificacións pinnadas e a parte externa da parede celular moi calcificada
Etimoloxía
Voz derivada sobre “coral”, este procede do latín tardío coralliu(m) de significado semellante. O nome científico que se lle outorga a esta alga é corallina officinalis.
Exemplos *
“O descubrimento desta especie desafía o paradigma das algas vermellas coralinas como un grupo exclusivamente mariño.” (GC: Galicia Confidencial, 22-1-2016)
“Alga coralina, o mellor é levala sen separala do substrato, cando atopemos algún exemplar nalgunha pedra axeitada para o acuario que, ademais, terá outros organismos incrustantes e sésiles.” (Amado Barrera: O acuario mariño litoral, 2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.