corazón

Órgano considerado como sede do amor, a xenerosidade, o conxunto de sentimentos afectivos.

Etimoloxía

A forma latina que está na orixe era cor, cordis, sobre a que parece que se orixinou un aumentativo que daría lugar á nosa palabra.

Exemplos *

"… o noso corazón ten unha capacidade limitada e cando tanto amor o enche non hai sitio para máis cousas de fóra." (María Teresa Otero Sande: Relatos)

"Tanto falan as cancións do amor, que as xentes acabarán por crer que é un sentimento común no corazón das xentes." (Xosé Cermeño: Ciencia de facer as camas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.