Xogo infantil que consiste en saltar por riba dunha corda á que, prendida polos cabos, se lle dá voltas.
Etimoloxía
Tomámola do latín chorda 'corda dun instrumento' ou 'cordel', que se remonta ao grego khorde 'tripa' ou 'corda de tripa'.
Exemplos *
"Lembrei, logo, a Xoana de Arco e á Doncela Guerreira que Rafael Dieste escribira parodiando o romance que saltabamos á corda de nenas …" (Mª Xosé Queizán: Amantia)
"As que daban á corda fuxían e a que saltaba recibía o golpe da corda nas canelas ou no lombo, antes de fuxir con falso pavor …" (Xavier Alcalá: A nosa cinza)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


