Serie de montañas que forman todas xuntas unha unidade
Etimoloxía
Palabra derivada sobre estoutra “corda” que procede do latín chorda ‘corda dun instrumento’.
Exemplos *
“Despois de camiñar cinco horas pola selva tropical, mentres os meus compañeiros de exploración se laiaban por zarrapicaren os seus zapatóns nun cadoiro enlamado, unha treboada ameazounos polas abas do cordal.” (Xerardo AgraFoxo: Viaxe á última revolución, 2016)
“Con todo, xa non tivemos que andar arrastrados nin con tantas precaucións, pois o cordal montañoso que remataba no seu picouto ocultábanos do mar e, polo tanto, do ángulo de visión de calquera dos barcos fondeados.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.