Cría da ovella, que non pasa dun ano
Etimoloxía
Denominación que procede do latín vulgar *cordarius, que, á súa vez, deriva de cordus 'tardío'.
Exemplos *
“O seu nome é Catarina, murmurou, coa voz quebrada e o rostro branco coma un sudario. Unha das mulleres envolveuna nunha pel de cordeiro e marchou da casa con ela no colo repetindo unha oración.” (Ledicia Costas: Pel de cordeiro, 2024)
“Estou pensando que Maruxa non quixo asar un cordeiro para celebrar o Santo André o 30 de novembro, pero celebraremos o 25 de xaneiro: é o aniversario da súa querida Rosa, non se pode negar!” (Puri Ameixide: Claro de lúa, 2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


