Calidade de cordial // Actitude cordial
Etimoloxía
Voz creada sobre o adxectivo “cordial” e este está relacionado co termo latino cor que significa ‘corazón’, ‘ánimo’ ou ‘esforzo’.
Exemplos *
“A experiencia está a demostrar que moitas familias enteiras participan nesta actividade ao aire libre creando un ambiente de cordialidade, onde todos aprendemos, non só a xogar, senón tamén a relacionarnos con xente que antes non coñeciamos.” (Mario Saavedra Pérez: Sermos Galiza, 9-1-2014)
“Pero daquela había unha cordialidade e unha solidariedade impensable nas sociedades que se autocualifican como desenvolvidas.” (Xesús Flores e Xosé Mejuto: Historia do Deportivo, 1993)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.