cordoaría

Arte ou oficio de fabricar cordas e outros obxectos de cánabo

Etimoloxía

Termo derivado que toma como base de formación a voz “corda” que bebe do latín chorda, 'corda', e este do grego chord.

Exemplos *

“Na Coruña tiña un negocio de cordoaría, no que aforrei uns cartos. Unha partida de corda de pita deume substanciosos beneficios que me decidiron a emprender o camiño polo que sempre suspirei.” (Antonio Rodríguez Baixeras: O rei dos ameneiros, 1987)

“O meu non é o traballo de cordoaría, cústame reter as reviravoltas do fío sobre si.” (Xavier Paz: Follas de bacallau, 2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.