cordoeiro, -a

Persoa que ten por oficio fabricar ou vender cordóns, flocos etc.

Etimoloxía

Palabra derivada sobre estoutra “cordón” que procede do termo francés cordon ‘pequena porción de corda’.

Exemplos *

“Construíronse os barcos, resucitáronse as artes dos estaleiros, preparouse o aparello todo, volveron rebulir os peiraos cheos de noticias, proxectos e anuncios da nova aventura nun trafegar seguido de carpinteiros de ribeira, cordoeiros e calafates.” (Víctor Fernández Freixanes: O triángulo inscrito na circunferencia, 1982)

“Con estes e con outros afáns recadatorios, Master chegou ser un dos cregos máis adiñeirados do contorno, pero hai que recoñecerlle que, nos tempos de lecer, se axudaba sendo cordeiro e cordoeiro, tamén zapateiro.” (Alfredo Conde: María das Batallas, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.